Semana de Portugal

Semana de Portugal

Semana de Portugal en Gallaecia Petrea

A Cidade da Cultura de Galicia celebra do 27 de novembro ao 2 de decembro a Semana de Portugal en Gallaecia Petrea, unha semana de irmandamento entre dous territorios cunha historia e un patrimonio cultural común.

Así o demostra Gallaecia Petrea, exposición que reúne, por primeira vez, as obras máis significativas feitas en pedra na antiga Gallaecia: territorio comprendido entre os ríos Douro e Navia e que inclúe a actual Galicia, o Norte de Portugal e zonas limítrofes asturianas. O peso luso é innegable: das 91 institucións culturais, concellos e coleccionistas particulares que cederon as 341 obras que conforman esta mostra única, unha vintena son portuguesas, entre as que se atopan entidades tan destacadas como o Museu Nacional de Arqueoloxía de Lisboa, o Museu de Arte Antiga de Lisboa, o Museu do Abade de Baçal de Bragança ou o Museu da Regiao Flaviense de Chaves.

  • Visita guiada a Gallaecia Petrea
    27 novembro, 11.30h - Museo Centro Gaiás
  • Presentación A Fonte do Ídolo e Catálogo
    de Gallaecia Petrea en portugués
    27 novembro, 17.00h - Aula Seminario. Museo Centro Gaiás
  • Concerto de María do Ceo
    30 novembro, 19.00h - Auditorio do Centro de Innovación Cultural
    De balde ata completar aforo
    As invitacións poden recollerse o mesmo día do concerto a partir das 17:00 horas no
    Centro de Innovación Cultural. Máximo: 2 invitacións por persoa
Selecciona actividade:
Ir a Visitas didácticas
Ir a Xornadas académicas
Ir a Gallaecia en danza
Ir a Semana de Portugal
Ir a Encontro Internacional das Artes escénicas

Comparte a túa experiencia na exposición no noso libro de visitas virtual:

Filtered HTML

  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <blockquote> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
Imaxe
Os ficheiros deben ser menores de 4 MB.
Tipos de ficheiros permitidos: png gif jpg jpeg.
As imaxes deben medir menos de 1400x1400 píxeles.

Solapas verticais